domingo, 23 de enero de 2011

Quero cantar en silencio

Quero cantar en silencio,
quero chorar en seco,
reirme sen dentes e aplaudir coas pestanas dos ollos.
Quero nadar sen rochas mentres xogo coas ondas,
nadar nun mar con de peixes de cores,
cheo de luz, pisando a area branda.
Quero abrazar ao lonxe
e bicar os toxos,
quero ser besta e pastar nos montes,
e voar por enriba do horizonte.
Quero vivir na miña terra cós meus!
Quero sentir os sorrisos cando deixan os rifles no chan!
Quero xantar!
Quero ter medicinas!
Quero escribir!
Quero ter dereitos!
Quero ser feliz!
Quero ser libre!
Quero ser!
Se só son un neno!!!!

3 comentarios:

  1. Hola Monica, soy Sonia, te ha quedado chulísimo, me encanta, espero leer más cositas, bicos.

    ResponderEliminar
  2. Mis primos del alma que recorren a mi lado un camino indescriptible:La vida
    Titos Lete,Nuri y Sonia
    Os quiero

    ResponderEliminar