sábado, 19 de febrero de 2011

Meus abós

Sei que me miran.
Non sei dende onde, pero me miran.
Sinto que andan ó redor de mín
Ese olor del a Auga Brava e a colonia que lle relaguei a ela fai tempo.
Ese perfume forte que ás veces acompáñame dende o ascensor ata o traballo.
Sinto que están eiquí ainda que xa non están.
Sei que se foron un día e que xamais volverán,
pero están na froita dela,
nos programas que ela ten como preferidos,
na súa risa,
no seu xenio.
Eles están nela.
Ela son eles.
Eles son eu.

Para Merchi e Pachote: meus abós

Anne

¡Meniña do meu sangue,
meniña das miñas tripas,
ledicia do meu espírito!
Mentres me durmo,
cos ollos pechados dibuxo a túa cara,
bico os teus ollos,o teu nariz, a túa boca,
e inda que xorda escoitaría os teus respiros,
os latexos do teu corazón,
as túas gargalladas,
as túas primeiras palabras
e os teus berros coas mans no alto.
Pintas as miñas penas de cores vermellos
e ules a mar, sabes a mar, eres o meu mar.
Eres o aire.
Eres o porqué de tódalas preguntas sin respostas.
¡Eres a miña vida!
¡Quérote meu amor!

Para a miña filla Anne con todo o meu cariño.
19-02-2011